luns, 6 de abril de 2020

ITINERARIOS VIRTUAIS

Boas tardes a tod@s!


De seguro que xa estades cansos de ter que estar nas vosas casas pero aínda nos queda
un pouquiño para poder vencer ao virus que nos está a rodear....

Alén disto vos animamos a que nos acompañedes nos nosos paseos virtuais polas rúas
da nosa cidade e perdernos entre centos de curiosidades, anécdotas e descubrimentos
apaixoantes.

Que vos parece?
Moitos de vos seguramente xa paseáchedes con nós e cos vosos profes outros anos...
pero este ano o imos facer todos os nenos de todos os coles xuntos, porque xuntos o
conseguiremos!
Propoñémosvos que coñezades a nosa cidade e lla poidades ensinar de un xeito divertido
e diferente as vosas familias

Vos animades?
Recordade que nos podedes seguir no noso Facebook


Pincha na seguinte imaxe e que comece a viaxe!

https://itinerariosvirtuales.blogspot.com/

luns, 30 de marzo de 2020

CLASIFICACIÓN XERAL: CAMIÑO DOS 5.000 PUNTOS

Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na sua consecución.

Despois desta primeira semana recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 día. Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus".
A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante,.

luns, 23 de marzo de 2020

PÁGINA PRINCIPAL

ITINERARIOS VIRTUAIS

Boas tardes a tod@s!

De seguro que xa estades cansos de ter que estar nas vosas casas pero aínda nos queda
un pouquiño para poder vencer ao virus que nos está a rodear....

Alén disto vos animamos a que nos acompañedes nos nosos paseos virtuais polas rúas
da nosa cidade e perdernos entre centos de curiosidades, anécdotas e descubrimentos
apaixoantes.


Que vos parece?
Moitos de vos seguramente xa paseáchedes con nós e cos vosos profes outros anos...
pero este ano o imos facer todos os nenos de todos os coles xuntos, porque xuntos o
conseguiremos!
Propoñémosvos que coñezades a nosa cidade e lla poidades ensinar de un xeito divertido
e diferente as vosas familias


Vos animades?
Recordade que nos podedes seguir no noso Facebook


Pincha na seguinte imaxe e que comece a viaxe!

https://itinerariosvirtuales.blogspot.com/

JAQUE MATE AL VIRUS




Qué é "Xaque ao virus"?

É unha proposta en liña para a promoción da saúde física e mental adaptada á situación de confinamento familiar na que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo coronavirus. Esta proposta está dirixida a todos os escolares inscritos nos programas municipais "Deporte non centro", "Ocio educativo" e "Luditarde", co fin de seguir mantendo a oferta educativa a todas aquelas familias inscritas nos devanditos programas.

Obxectivo do xogo

O xogo consiste en superar diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar o coronavirus e avanzar nas posicións na clasificación xeral.

Cales son os retos?

Son probas sinxelas que tes que pasar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:

  • Proba o CORPO EN FORMA: Serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que podes facer na casa.
  • Proba MENTE EN FORMA: Serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as farás facilmente.



Os retos publicaranse no blog do xogo creado para o teu colexio os luns, mércores e venres ás 12:00 do mediodía. TEN 36 HORAS PARA REALIZAR CADA DESAFÍO.

Cómo superar os retos?

É moi sinxelo, só tes que enviar unha foto do reto ou un vídeo ao enderezo de correo electrónico deste blog.

Lembra que a foto é o traballo 1 punto e o vídeo 10 puntos!



¡ATRÉVETE! 


UNIDOS VENCEREMOS