luns, 6 de abril de 2020

ITINERARIOS VIRTUAIS

Boas tardes a tod@s!


De seguro que xa estades cansos de ter que estar nas vosas casas pero aínda nos queda
un pouquiño para poder vencer ao virus que nos está a rodear....

Alén disto vos animamos a que nos acompañedes nos nosos paseos virtuais polas rúas
da nosa cidade e perdernos entre centos de curiosidades, anécdotas e descubrimentos
apaixoantes.

Que vos parece?
Moitos de vos seguramente xa paseáchedes con nós e cos vosos profes outros anos...
pero este ano o imos facer todos os nenos de todos os coles xuntos, porque xuntos o
conseguiremos!
Propoñémosvos que coñezades a nosa cidade e lla poidades ensinar de un xeito divertido
e diferente as vosas familias

Vos animades?
Recordade que nos podedes seguir no noso Facebook


Pincha na seguinte imaxe e que comece a viaxe!

https://itinerariosvirtuales.blogspot.com/